Usted está aquí:

Nuestros horarios

Cómo llegar

General:

Inicio

Quiénes somos

Somos unha adega da denominación de orixe RIBEIRO, unha das máis antigas denominacións de orixe de España, cunha longa tradición familiar en elaborar viños de calidade.

A nosa tradición remóntase a tempos de principios do século XX, cando os nosos antepasados se dedicaron á viticultura, plantando grande parte dos viñedos que hoxe en día producen as nosas uvas de maior calidade, nun das paraxes mais fértiles da bisbarra do RIBEIRO, da man esquerda do pai Miño e cun microclima atlántico, unha altitude de 160 metros e uns chans ricos en nutrientes, traballados con mimo e bo facer, seleccionando as variedades aptas para cada terreo, innovando en conducións das plantas para un mellor aireado e soleado das uvas, facendo os pases de fitosanitarios no momento adecuado sen sobrecargar á planta con ningún tratamento que non sexa imprescindible, recollendo na vendima o froito en optimas condicións de maduración. Nace en 1965, co nome de Adegas Benito Peña Peña, o crisol que fundirá o enunciado anteriormente coa paixón e a tradición do traballo ben feito en adega o cal dá lugar a uns viños de calidade apreciados en varios puntos da xeografía española.

Dende o ano 2001 nace ADEGAS PENA S.C. rexentada polos seus fillos, co mesmo tesón, coñecemento, paixón, aparte a tradición, unida á innovación tecnolóxica dan como resultado estes viños de prestixio e de alta calidade, persoais, únicos, de elaboración tradicional, afrutados, lixeiros, doados de tomar e que serven para acompañar calquera prato.